Cuestións meta:
===============
Q: Por que o nome "F*EX" e non directamente "FEX"?
A: No momento de facerse público xa había unha (antigo) aplicativo chamado "FEX" en
freshmeat.net.
Q: Por que non usar un servizo comercial como
DropLoad, ALLPeers, YouSendIt, etc?
A: Teñen un límite de 2 GB ou menor.
A súa seguranza e privacidade son descoñecidas.
Non se basean en código fonte aberto.
Non hai clientes de UNIX (CLI) para eles.
Necesitan java, active-X, flash ou outros endemoñados complementos.
Descoñécese canto tempo van funcionar - DropLoad e ALLPeers xa pecharon
as súas portas.
Q: Por que un camelo no logo?
A: O logo inspirouse no camelo de Perl, pero baseáse en Steiff, un camelo de peluxe,
co cal constituímos o noso tándem. O logo foi debuxado
por Beate
http://fex.rus.uni-stuttgart.de/Vortrag/tosa.html
Q: Onde podo eu obter as fontes de F*EX?
A: http://fex.rus.uni-stuttgart.de/fex.html
Q: Que necesito para instalar F*EX?
A: Un servidor UNIX con entrada no DNS e smtp para o correo de saída.
E debe ser root nese servidor.
Q: Que é o DNS e smtp?
A: Non instale F*EX. Está alén das súas posibilidade.
Q: Quen e o autor?
A: Ulli Horlacher <framstag@rus.uni-stuttgart.de>
Q: Que licenza ten F*EX?
A: De software libre, Perl Artistic, vexa http://fex.rus.uni-stuttgart.de/doc/Licence
Q: Hai unha lista de correo de F*EX?
A: https://listserv.uni-stuttgart.de/mailman/listinfo/fex
Q: Onde podo obter asistencia comercial para F*EX?
A: Contacto fex@nepustil.net http://www.nepustil.net/
Q: Teñeo máis/outras preguntas diferentes!
A: Preguntarlle ao autor <framstag@rus.uni-stuttgart.de>
Preguntas de usuario:
=====================
Q: Que é o "auth-ID"?
A: O auth-ID é unha identificación interna que autentica o usuario.
Será a primeira xerada polo admin ou o proceso de rexistro automático
e pode despois modificalo vostede, o usuario. Trátase dun contrasinal
de baixa seguranza.
Q: Podo usar un proxy HTTP?
A: Si.
Q: Carguei un ficheiro ENORME pero equivoqueime ao escribir o enderezo do destinatario. Agora teño
un erro de entrega de correo. Debo volver cargar ese ENORME ficheiro?
A: Non, non fai falta. Pode redirixir o ficheiro con
http://$HTTP_HOST$/rup
Q: Cargue un ficheiro ENORME pero esquecín outro destinatario.
Debo volver cargar ese ENORME ficheiro?
A: Non, non é necesario. Pode reenviar copia do ficheiro con
http://$HTTP_HOST$/foc
Q: Non podo cargar ficheiros > 2 GB co meu navegador web!?
A: Todos os navegadores teñen defectos na implementación dos
seus formularios HTML. O límite máis frecuente é de 2 GB, ás veces 4 GB.
Debe usar un cliente especial de F*EX para cargar ficheiros > 2 GB, vexa
http://$HTTP_HOST$/tools.html
Q: A miña descarga abortouse antes de rematar. Podo retomar esa descarga?
A: F*EX permite retomar e descargar, pero o seu cliente tamén debe permitir
esta funcionalidade. Firefox por exemplo carece desta funcionalidade HTTP, necesitará
outro cliente como Opera, wget ou fexget.
Q: A miña carga foi abortada antes de rematar. Podo retomar esa carga?
A: F*EX permite retomar a carga, pero o seu cliente debe permitir vbnm, 1tupports resuming at upload, but your client also has to support it.
No web browser has this feature, you need a special F*EX client like
fexsend, schwuppdiwupp or F*IX.
See http://$HTTP_HOST$/tools.html
Q: O meu navegador non pode iniciar o cliente java F*IX, que indica:
"non se atopou un entorno de execución java, non se pode iniciar F*IX o miniaplicativo de carga"
A: Non se localiza un complemento java do navegador. En Debian e Ubuntu pode
instalalo con: "sudo aptitude install sun-java6-plugin"
Q: Cando premo[ESC] no Firefox a carga cancélase. Por que?
A: Esta é unha funcionalidade interna do Firefox: ESC termina a operación actual.
Solución simple: non prema ESC no Firefox.
Solución complexa: pídalles aos desenvolvedores do Firefox que engadan un atallo de teclado.
Q: O envío como un usuario F*EX é doado, pero como recibir ficheiros doutros,
de fóra?
A: Rexístreos como subusuarios ou cree un grupo F*EX
con http://$HTTP_HOST$/fuc
Q: Ás veces podo descargar un ficheiro máis dunha vez, especialamente cando
o repito rapidamente. Está a funcionalidade de auteliminación defectuosa?
A: O servidor F*EX ten un períod de gracia de 1 minuto despois da primeira
descarga correcta no cal o ficheiro aínda está dispoñíbel. Isto é necesario
porque algúns "xestores de descargas" estúpidos solicitan o ficheiro
varias veces á vez. Caso contrario poderían indicar un erro ao usuario.
A: O seu fexmaster ten un conxunto AUTODELETE=DELAY como predeterminado, o que significa que
o proceso de autolimpeza realízase unha vez ao día.
A: Os "Power users" ou usuarios con permisos (usa a forza, Luke!) poden establecer unha marca "non eliminar ata
despois da descarga".
Q: O período de reserva predeterminado é demasiado curto para min, cómpreme máis. Como podo estabelecelo?
A: Use fexsend, pídallo ao seu fexmaster ou lea o código fonte :-)
Q: Non podo descargar ficheiros con Internet Explorer, dime "Non se pode
abrir o sitio da Internet". Que debería facer?
A: Use Firefox ou calquera outro navegador compatíbel con Internet, xa que Internet
Explorer non o é. Este é un de tanto defectos do Internet Explorer.
Preguntas de administrador:
===========================
Q: Non podo instalar un servidor web como fexsrv, porque non teño permisos de root
Hai algunha versión en puro CGI de F*EX que funcione cun servidor web Apache?
A: F*EX está intimamente unido a fexsrv por varias razóns (rendemento, límite de
tamaño de ficheiro, concepto de sesiónt, etc.) e non se pode executar como CGI
con Apache.
Pero pódelle botar un ollo a
http://gpl.univ-avignon.fr/filez/
http://freshmeat.net/projects/eventh/
http://www.schaarwaechter.de/sp/projekte/dateiaustausch.html (só en alemán!)
que implementa un intercambio de ficheiros como puros CGI, pero cun tamaño límite de 2 GB por ficheiro.
Q: F*EX non funciona! Non podo conectarme co meu navegador web!
A: Comprobe o seu enrutamento, filtros ip e configuración de devasa.
Tamén comprobe se o seu xinetd está ligado cun tcp-wrapper e configúreo
correctamente (hosts.allow).
F*EX necesita o porto 80/tcp (HTTP) e o porto opcional 443/tcp (HTTPS).
Q: F*EX é complicado de máis! Necesito algo máis simplificado.
A: Probe http://www.home.unix-ag.org/simon/woof.html
Q: Como podo integrar F*EX no xestor de usuarios do meu sitio?
A: F*EX ten varios módulos de autenticación:
local, RADIUS, LDAP, mailman e POP
Para os 4 últimos, contacte por favor co autor framstag@rus.uni-stuttgart.de
Q: Que que todos os meus usuarios locais poidan usar F*EX automatimente. Como?
A: Permítaos rexistrarse a si mesmos con http://yourfexserver/fur
Ten que editar lib/fex.ph e establecer (exemplo):
@local_hosts = qw(127.0.0.1 10.10.100.0-10.10.255.255);
@local_domains = qw(flupp.org ulm.sub.net);
(Por suposto, ten que engadir os seus servidores/redes locais reais!)
Q: Necesito máis seguranza! Como podo activar HTTPS?
A: Lea doc/SSL e busque "fop_auth" en doc/concept
Q: Necesito un aspecto corporativo. Como podo configurar F*EX neste sentido?
A: Vexa a variábel @H1_extra en fex.ph e pode engadir o código HTML a
htdocs/header.html
A: Vexa htdocs/fup_template.html, modifíqueo ás súas necesidades e úseo como a súa
páxina de inicio.
Q: F*EX é demasiado complicado para os meus pobres usuarios. Necesito un formulario de
carga simmplificado.
A: Vexa htdocs/fup_template.html
Q: Quero que os correos Ccc a (ao usuario admin) se envíen a outro enderezo.
A: Use procmail ou escriba OTHERADDRESS en /home/fex/.forward
Q: Podo obter unha versión localizada no meu idioma?
A: Sempre coa súa axuda, si. Contacte co autor framstag@rus.uni-stuttgart.de
Preguntas en miscelánea:
========================
Q: F*EX é fantástico! Podo unirme ao equipo de desenvolvemento? Que hai que facer?
A: Contacte co autor framstag@rus.uni-stuttgart.de
As funcionalidades buscadas son:
- un complemento F*EX para o Thunderbird ou o Outlook
- máis (outras) idiomas dispoñíbeis